jueves, 19 de febrero de 2015

A galega que elexiu o castelán


Pra que entendades mellor esta indignación, soamente tedes que pararvos a leer as grandes perlas desta muller, que repito, é escritora Galega: 

- No seu libro De mi tierra, a escritora fala dos peligros políticos que pode traer o rexurdir cultural e lingüistico: «...el renacimiento lleva en sí un germen de separatismo, germen poco desarrollado todavía, pero cuya presencia es imposible negar, y que acaso sea el único fruto político y social de este florecimiento poético.»


Pero esto non remata aquí, o máis indignante é sin dúbida o momento en que se lle pasa pola cabeza marcar
unha escala diferencial entre o Galego e o Castelán, e distinguir entre patria e terra. Non é moi sorpredente saber que baixo o xuizo desta muller a nosa patria e a de todos é porsuposto, España. Enserio son a única que lle soa bastante irónico todo? : «...la patria representa una idea más alta aun, y la patria para los españoles todos, donde quiera que hayan nacido, desde la zona tropical hasta el cabo de Finisterre, es España, inviolable en su unidad, santa en sus derechos.»

Nun tempo en que galegos como Curros Enríquez e Pondal comezaban a escribir en galego, Pardo Bazán sempre se decantou polo castelán polo feito de considerar o castelán como unha lingua oficial, prestixiosa e cun público maior.
É mellor ser castelán que catalán, e francés que castelán para isto da publicidade e do nome.
(Oller 1985)
Polo tanto, consideraba o galego como unha lingua popular, estreitamente ligada soamente á terra e ao fogar, deixando a un lado o recoñecemento oficial.
Cun deixe grato e fresquísimo que impensadamente se nos sobe aos beizos cando necesitamos balbucir unha frase amante, arrolar a unha criatura, lanzar un festivo epigrama, exhalar un !ai! de pena... Sempre sentimos a proximidade do dialecto... co seu calor de fogar
(De mi tierra)
Con todo o dereito, referiuse ás obras de escritores galegos contemporáneos do Rexurdimento como é un gran simbolo como Rosalía de Castro, chegando a dicir que "os poetas fan falar aos labregos". A escritora comentou a poesía de Rosalía en Follas Novas dicindo o seguinte:
Cando nos engaiola é ao obxectivar a súa inspiración, ao impregnarse do sentimento do pobo, ao reproducilo cun sen igual donaire, ao aceptar o carácter verdadeiro deste renacemento rexionalista, onde forzosamente domina o elemento idílico e rústico, por virtude da lingua que, dende hai tanto tempo, soamente vive entre silvanos e ninfas agrarias.


Como dixen anteriormente, seguramente non son a persoa máis adecuada para xulgar a ninguén, pero como todo o mundo ten o dereito a palabra, pareceume correcto que todos puideramos coñecer todas a facetas desta señora, non soamente a de brilante escritora, porque unha cousa non quita a otra, claro.
 Simplemente como curiosidade e sorpresa deíxovos estes datos nas vosas mans, e dende este punto, que cada quen pense como lle plazca.

domingo, 1 de febrero de 2015

Pura contradición

Emilia Pardo Bazan, célebre escritora, Coruñesa de nacemento.

Seguramente, e poño a man no lume e non me quemo, se digo que no colexio, no instituto esta é a faceta que todos coñecemos desta escritora, novelista, e porsupusto (como opinión persoal) un burdo intento de periodista e ensaísta.
Como podedes observar, todo o aprecio que os diversos profesores de Galego conseguiron inculcarme hacia esta escritora, foron machacados e tirados a papeleira por decirlo dalgunha forma.

Durante estas semanas, o tema principal na clase foi o Agrarismo, e como curiosidade, se comentou a negativa desta muller ante tal revolución de dereitos básicos (como é pra min o agrarismo) . Non vexo nada tan simple como isto: se ti traballas nalgo, o seu uso, disfrute e porsupusto, beneficios, non teñen que ser pra ninguén máis. Claro que pra min ademáis de que iso é básico, calqueria que o negue e pense o contrario, síntoo pero deberíades de actualizar o voso chip o ese comportamento tan sumamente egoísta.

Como dicía, as ideas claves do agrarismo, non son máis que a loita por uns principios básicos, simplemente a sociedade avanzou, e todos aqueles que quixeron impedir este avance, noon obtiveron nada máis que o que era de esperar; Levantamentos.
Supoño que despois do dito, que a ilustrísima Emilia Pardo Bazan fose unha desas persoas arraigadas o pasado non debe de sorprendervos moito.

Seguramente, eu non son a persoa máis culta do mundo, pero cos case 18 anos que teño, e a vea revolucionaria que se supoñe que nos ten que sair con estas idades, non entra na miña cabeza, que alguén que recibiu unha educación tan esmerada, que viaxou tanto arredor do mundo, lle poda máis o sentimento de avaricia, que o sentimento de compaixón polos seus, non sei moi ben como expresalo. Non estamos a falar de inxustizas que ocorren na outra punta do planeta, non. Estamos a falar seguramente, dos teus veciños, amigos, algún familiar lonxano, que día tras día déixase a espalda nunha terra que non é súa, pola que non gañara nin sequera a carta parte do que se merece. Pra min eso non demostra máis que unha fatal de conciencia.

domingo, 18 de enero de 2015

De Pontevedra o estrelato

Aproveitando as últimas clases, e para romper cos temas habituais, vos propoño a vós, amantes dos comics e dos mangas, 5 min do voso tempo:

Emma Ríos Manero, do 76 de Vila García de Arousa (pontevedra), para esta arquitecta de profesión, tener o seu propio estudo con amigos non lle era suficiente, así que decidiu lanzarse a súa pasión; o comic.

Como todo éxito non é en vano, comezou autoeditando " A prueba de Balas" , seguindo o camiño hacia o estrelato publicou historietas na revista " Dos veces Breve" (actualmente pechada) e na antoloxía " Los reyes Elfos". Pero dende logo. o que foi culminante nesta situación foi a proposta de traballo nos estudios Boom!.



















E digo culminante porque se vos parece poco, apartir desta etapa, temos ante nos a unha das colaboradoras das miles de aventuras dos heroes da nosa infancia: Emma ríos, consegue traballar para Marvel ( facendo incluso colaboracións para amazing-spiderman).









Se fai falta valor para deixar o teu traballo e dedicarse a túa vocación, esta autora merécese todo mi respeto (e o voso espero), de deixar a un lado grandes sumas de diñeiro e prestixo, e abandonar Marvel. Si exactamente, deixar a un lado a gran multinacional, por qué? Ben, eu creo que a respota é tan digna, coherente, incrible, e simple : "Es trabajo de encargo, lo que haces, no te pertenece"- dixo nunha entrevista. Por esta resposta, eu entendo que lle faltaba liberdade para poder crear o seu antoxo, que cansouse de seguir as pautas.

Para min, esta muller ten un dobre mérito, tanto polo seu valor a hora de arresgarse como a ignorancia ante todos as barreiras que lle impedían cumprir o seu sono, e mirade onde está ahora.

lunes, 12 de enero de 2015

Tes un whatsapp

Como se pode falar de arte, e non mencionar a arquitectura? Sobre todo aquí, na nosa cidade, que estivo tan presente e que queda reflexado nas rúas do noso centro.

Para darlle chicha o asunto, vos presento a unha arquitecta dos pés a cabeza que non podería ser outra que: .
Rosa Vilas Romalde
 Fundadora do estudo de arquitectura " Anta "  que encontramos na rúa magdalena o
cal abreu as súas portas no 2004, e... ata agora, con moi bó ritmo.
Pero como todas as cousas, o éxito non se consegue solo, e neste caso non é diferente. 



O outro pilar de este estudo o leva o seu compañeiro Sergio Beceiro Lodeiro.









Entres os seus grandes logros se encontran o CONCURSO para a selección del anteproyecto para la construcción del Cementerio Municipal de Yebes. Guadalajara (2009).
XII PREMIOS COAG de arquitectura categoría de rehabilitación.


Ambolos dous levan o peso de unha empresa que non para de crecer e conseguir obxetivo tras obxetivo. E sobre todo, unha das cousas máis importantes, e por desgraza máis difíciles de conseguir hoxe en día, vivir do que te apasiona.
Na actualidas vivir de calqueira tipo de arte, vivir da cultura, é algo totalmente impensable. Pois vale, eu quero demostrarvos o contrario, deixar de mirar cara a fora!!! Estamos en Galicia si, e sabedes que? Pódese triunfar, sexa da maneira que sexa. Non temos nada que envexar a ninguén, tenemos artistas incribles con persoalidades abrumadoras (neste caso,arquitectos).

Pra rematar, deixovos un par de consellos e curiosidades que me picaron.




jueves, 11 de diciembre de 2014

O verde, ata na sopa!

Pra esta entrada inspiroume moito, o termo "emprendedor", ben pois como este fin de semana pasado, realizouse en Pontevedra a feira de industrias culturais, é dicir Culturgal, veúseme a cabeza a idea de amosaros non música, nen pintura, senón algo que está moi preto de nós, a diario.

Fálovos precisamente de comida, e algas, e si si, algas mariñas. E como non, falando disto, hai que nomear a Clemente y Fermín Fernández Sáa, que recibiron no 2009 o “Premio Emprendedores BIODIVERSIDAD”, de mans do Ministerio de Medio Ambiente, Rural y Marino. Son os pioneiros en Galicia, e España, en conseguir sacar a diante unha empresa dedicada soamente a recollida, seca e distribución destas. Dita empresa e coñecida como algamar, e a idea desta surxiu como unha solución a crisis, e observando que as 5 e 6 especies típicas máis abundantes en galicia eran valoradas internacionalmente, tiráronse a piscina e de que forma. Con moito empeño ocuparon as terras que xa posuían en Redondela solucionaron os problemas que tiñan, xa que debido a nosa típica húmidade ás algas, polas noites, se rehidrataban, polo que tiveron que inventar unha caldera con ventiladores, e comenzaron a falar de agricultura ecolóxica en Galicia, cando ninguén a falaba todavía.



Así que xa sabedes, algo tan simple como é a comida, e sobre todo as algas que encontramos na praia a levado a que o nome de cultura gastronómica galega soe por todo o mundo. Non utilizaron cantidades astronómicas de diñeiro, nin tiveron que salir do seu propio pobo, soamente co que é propiamente noso, e con as ganas que hai que poñer pra conseguir todo o que nos propoñemos, un grupo de persoas, como poderían ser os nosos veciños, chegaron o máis alto.

Polo tanto, convídovos tanto a  probar este manxar como a seguir este exemplo e sair sempre adiante co que é noso, o fin de acabo, aqui é donde nacimos.






miércoles, 26 de noviembre de 2014

O " Cristián"

Últimas tres lunas do Lughnasad:
Esta tarde por fin, paso algo interesante dende hace moito tempo. O parecer, mentres as mulleres recolectaban, econtraron un home mal ferido e inconsciente tirado no camiño. Non me deu tempo a velo aún, esta sendo atendido,cando sepa algo sera la primeira en sabelo.

Por fín conseguin velo en persona, é todo un acontecemento no poboado. Teño que decirche que é un home máis ben raro, vestido cunha ropa un tanto peculiar, segue moi débil e apenas se lle oe a voz. So conseguín cruzar a mirada con el unha vez, e deume a sensación de que non era por aquí dende logo, parecía desorientado. Espero escabullirme pronto das tarefas mañá e conseguir falar con el.

Durante a cea de esta noite conseguín sentarme a súa carón mentres lle servía a cena. Me pareceu divertido, porque a pesar de todo non se quitou ninguna das súas vestimentas e non parecen nada comódas. Non me acordo de o seu nome, pero é algo que me pareceu irrelevante, é dicir, todo o mundo chámalle o "cristián" , Como te dixen, non é de aquí, ven de moi lexos, sitios que estou segura, nin os máis vellos coñecen. Parece intelixente, e non só eso, quiza sexa que é diferente, pagaría porque o verás a su forma de actuar e de sorprenderse de calqueira tontería. Espero que se quede un tempo máis por aquí, non soen pasar estas cousas todo los días.

Primeira lúa do Lughnasad:
Esta semana é a cosecha, todo o pobo vólcase nela, e todos dende os máis pequenos ata o máis maiores axudamos en algo. Do cristián poco podo dicirche, polas mañanas está desaparecido, así a pasa dando voltas polo poboado e falando con maiores. Mentiríache se te dixera que non me pica a curiosidade, quero saber de onde ven, e por que esas maneiras tan raras de actuar. O que non acabo de entender aún e porque non nos deixan achegarnos a el ós máis pequenos, nin que tivera nada que esconder ou fora peligroso, e se o é eu quero sabelo. Seguramente metereime nun bo lío, pero pícame a curiosidade.

Durante a mañá cos preparativos da cosecha conseguín atopar o cristián nunho dos seus paseos. 
Penso que é un home bastante misterioso de esa xente que non sabes por onde vai, non entendo porque hai tanta polémica con el. Polo que falei con el, efectivamente ven dende moi lonxe e ven mandado polo manda máis do seu poboado para cumprir unha misión, dixo que co tempo sabría cal era. Este ten que ser un home importante, venir dende tan lonxe cunha misión que cumprir non é ningunha tontería.

Acabo de regresar do sitio onde o cristián se resguarda do frío, cando cheguei estaba alí sentado no chan cun libro enorme. Non tiven a mellor idea que a de preguntarlle que era todo iso. Ven pensado, que é ese home relamente, é un tolo. Faloume dun único deus,m que broma verdade? Que todos nacimos apartir de el, incluso os animales é as plantas. Pero que sentido ten isto, pensarás? Eu voteime a rir, porque ese home solo fala tonterías, verás cando os demáis o saiban. Pra venir de tan lonxe e cunha misión tan especial, non é tan listo, pero as súas historias teñen graza.

A 7 lúas do Mabon:
sabes o que che dicía das historias? Ben pois pode que o cristián non estivera tan tolo. O principio, como todas as mañás escabullíame a velo, máis e máis nenos sumáronse conmigo, ata que toda las mañás o seu arredor, estabamos todos os nenos do poboado escoitándolo.
Oxalá puideras escoitalo, é coma se toda a nosa vida a houbesemos pasado enganados o peor, coma se todo o mundo avanzara e se desarrollase, menos nós. Non penso quedarme atrás. E pensarás que enfermei de tolemia o peor, pero pra que veas, vouche contar unha das historias...





sábado, 15 de noviembre de 2014

Vento e choiva

Como tarefa de esta semana, propúxenme sumerxirme no mundo da mitoloxía Galega. 
Da man de "Vento e Chuvia" de Gabriel Gago, propúxenme coñecer o principio do que somos. Entendín hata que punto están tan mal as cousas, que sabemos más do exterior, ca da nosa propia cultura. Como podemos salir a rúa, a vida, presumindo de todo o que sabemos, sin coñecer nin sequera o noso?

Dende pequena tiven a sorte de ter moita influencia cultural en casa, e adquirir paixón dos meus pais pola lectura, en especial, de temas como son a historia, guerras, e o tema pertinente aquí, a mitoloxía:

Como non podería ser doutra manera, todos os deuses están relacionados cos elementos da natureza, sobre todo, coas estacións do ano ( a lenda de Berobreos, o señor das augas) e cos homes, co pobo. Algo que me sorprendeu, xa que, co coñecemento que tiña da mitoloxía, tanto Grega como Romana, nestas os deuses poucas veces manteñen relación cos humanos ( un bo exemplo, sería a lenda do deus bandua, o amigo dos homes)...  Neste libro, temos mitos para aburrir, a gusto de todo o mundo, pero aquí deixovos a miña preferencia, xa sabedes, destes libros que agarras, e cando lees a primeira frase, sabes que te vai a enganchar:

O mito de Nauia
No monte de Irima, contan que naceu Nauia, concebida en Outono, cando Lugoeu saíu de caza cos seus irmáns e socios a os bosques. Cando este ficou durmido cun ollo aberto e outro pechado, observou a unha cerva branca, o animal máis fermoso que nunca vira. A perseguiu durante horas, ata que chegaron a ribera dun gran lago, e a cerva, farta de correr encaroúselle. O final, rendidos polo cansanzo, caeron os dous ó chan. Para a sorpresa de Lugoeu, a cerva mudou nunha moza, a máis fermosa que nunca vira. Se ben toda ela, era unha muller, na súa fronte, mantiña as súas hastas de cerva. Neste momento a muller-cerva considerouno digno e levouno a unha cova do lago, onde se amaron durante moito tempo. A muller cerva chamabase Elaídna, e proviña dun lugar moito máis ala do que os propios deuses coñecen. Lugoeu tivo e medo de non volver nunca onda os seus, de que aquela moza tan bela e poderosa o arrastráse o "Nunca máis", polo que cando decidiu despedirse, decatouse de que ela, xa non estaba.

Seis meses despois, tres vellas sabias, pasaron polo Pedregal de Irima (tamén chamado a Lingua de Tanu) e oíron o pasar polo regato, o choro dun neno. Envolta en fieitos, unha nena acababa de nacer. Ao recollela, escoitaron o urro dun cervo aló o lonxe.
Levárona canda elas ao bosque de lugoeu, e cando chegaron, pediron acubillo na súa fortaleza. O chegar, ensináronle a neniña. Lugoeu fascinado, observeu  quea nena tiña dos cornas cabo da fronte, e volteándoa viu que nas costas tiña a forma dun salmón pintado coma él, esa, era a súa filla.
A meniña, recibiu o nome de Nauia ´o río que corre´, porque naceu e foi enxendrada o cabo da auga.
Esta foi medrando en Caenabriga, por cada ciencia que lle ensinaba o seu pai, ela aparecía sabendo outra máis, descoñecida para o seu pai. Así es como Lugoseu decatouso de que a súa nai a visitaba. Unha  noite convertiuse en sombra e agardou, ata que Elaídna apareceu.
Ela ensináballe as ciencias dos soños, mentres que o seu pai lle ensinaba as do mundo.

Un día, Elaídna ensinoulle a Nauia un gran segredo.Marcharon ao pozo máis profundo do Minion, que eran as portas ó outromundo. Ela ensinoullelas a abrir e chegar desta banda a outra, e polo camiño, collía da man os afogados atrapados e perdidos polo pélago, facendoos entrar noutromundo.
Con 16 anos, marchou de Caenabriga, e Lugoeu e Reue construíronlle unha barca de pedra, que emprega para navegar entre os ríos e os mares deste mundo ao outro. Un día visitou a súa curmá Aliaca, que lle ensinou "O paso do Boi" : disque que un barco de valentes foi o que deixou o boi nesa illa, pero non hai quen se atreva a traelo. Todas as noites, o boi urraba de desesperación entre aqueles tremores do mar e os habitantes de Brandalarda sufrían de medo e angustia.
Nauia pediu a corda máis grande que se puidese atopar, e colleuna e a guindou cun arco e unha frecha cara a outra illa. Cruzouna bailando e colleu o boi dun corno e obrigouno a seguila de volta.

-Dende ese momento, Nauia cabalgou, cando precisaba andar, a lombos do "Bo albo", e en Brandala, esculpiron unha barca de pedra na súa honra.