jueves, 19 de febrero de 2015

A galega que elexiu o castelán


Pra que entendades mellor esta indignación, soamente tedes que pararvos a leer as grandes perlas desta muller, que repito, é escritora Galega: 

- No seu libro De mi tierra, a escritora fala dos peligros políticos que pode traer o rexurdir cultural e lingüistico: «...el renacimiento lleva en sí un germen de separatismo, germen poco desarrollado todavía, pero cuya presencia es imposible negar, y que acaso sea el único fruto político y social de este florecimiento poético.»


Pero esto non remata aquí, o máis indignante é sin dúbida o momento en que se lle pasa pola cabeza marcar
unha escala diferencial entre o Galego e o Castelán, e distinguir entre patria e terra. Non é moi sorpredente saber que baixo o xuizo desta muller a nosa patria e a de todos é porsuposto, España. Enserio son a única que lle soa bastante irónico todo? : «...la patria representa una idea más alta aun, y la patria para los españoles todos, donde quiera que hayan nacido, desde la zona tropical hasta el cabo de Finisterre, es España, inviolable en su unidad, santa en sus derechos.»

Nun tempo en que galegos como Curros Enríquez e Pondal comezaban a escribir en galego, Pardo Bazán sempre se decantou polo castelán polo feito de considerar o castelán como unha lingua oficial, prestixiosa e cun público maior.
É mellor ser castelán que catalán, e francés que castelán para isto da publicidade e do nome.
(Oller 1985)
Polo tanto, consideraba o galego como unha lingua popular, estreitamente ligada soamente á terra e ao fogar, deixando a un lado o recoñecemento oficial.
Cun deixe grato e fresquísimo que impensadamente se nos sobe aos beizos cando necesitamos balbucir unha frase amante, arrolar a unha criatura, lanzar un festivo epigrama, exhalar un !ai! de pena... Sempre sentimos a proximidade do dialecto... co seu calor de fogar
(De mi tierra)
Con todo o dereito, referiuse ás obras de escritores galegos contemporáneos do Rexurdimento como é un gran simbolo como Rosalía de Castro, chegando a dicir que "os poetas fan falar aos labregos". A escritora comentou a poesía de Rosalía en Follas Novas dicindo o seguinte:
Cando nos engaiola é ao obxectivar a súa inspiración, ao impregnarse do sentimento do pobo, ao reproducilo cun sen igual donaire, ao aceptar o carácter verdadeiro deste renacemento rexionalista, onde forzosamente domina o elemento idílico e rústico, por virtude da lingua que, dende hai tanto tempo, soamente vive entre silvanos e ninfas agrarias.


Como dixen anteriormente, seguramente non son a persoa máis adecuada para xulgar a ninguén, pero como todo o mundo ten o dereito a palabra, pareceume correcto que todos puideramos coñecer todas a facetas desta señora, non soamente a de brilante escritora, porque unha cousa non quita a otra, claro.
 Simplemente como curiosidade e sorpresa deíxovos estes datos nas vosas mans, e dende este punto, que cada quen pense como lle plazca.

domingo, 1 de febrero de 2015

Pura contradición

Emilia Pardo Bazan, célebre escritora, Coruñesa de nacemento.

Seguramente, e poño a man no lume e non me quemo, se digo que no colexio, no instituto esta é a faceta que todos coñecemos desta escritora, novelista, e porsupusto (como opinión persoal) un burdo intento de periodista e ensaísta.
Como podedes observar, todo o aprecio que os diversos profesores de Galego conseguiron inculcarme hacia esta escritora, foron machacados e tirados a papeleira por decirlo dalgunha forma.

Durante estas semanas, o tema principal na clase foi o Agrarismo, e como curiosidade, se comentou a negativa desta muller ante tal revolución de dereitos básicos (como é pra min o agrarismo) . Non vexo nada tan simple como isto: se ti traballas nalgo, o seu uso, disfrute e porsupusto, beneficios, non teñen que ser pra ninguén máis. Claro que pra min ademáis de que iso é básico, calqueria que o negue e pense o contrario, síntoo pero deberíades de actualizar o voso chip o ese comportamento tan sumamente egoísta.

Como dicía, as ideas claves do agrarismo, non son máis que a loita por uns principios básicos, simplemente a sociedade avanzou, e todos aqueles que quixeron impedir este avance, noon obtiveron nada máis que o que era de esperar; Levantamentos.
Supoño que despois do dito, que a ilustrísima Emilia Pardo Bazan fose unha desas persoas arraigadas o pasado non debe de sorprendervos moito.

Seguramente, eu non son a persoa máis culta do mundo, pero cos case 18 anos que teño, e a vea revolucionaria que se supoñe que nos ten que sair con estas idades, non entra na miña cabeza, que alguén que recibiu unha educación tan esmerada, que viaxou tanto arredor do mundo, lle poda máis o sentimento de avaricia, que o sentimento de compaixón polos seus, non sei moi ben como expresalo. Non estamos a falar de inxustizas que ocorren na outra punta do planeta, non. Estamos a falar seguramente, dos teus veciños, amigos, algún familiar lonxano, que día tras día déixase a espalda nunha terra que non é súa, pola que non gañara nin sequera a carta parte do que se merece. Pra min eso non demostra máis que unha fatal de conciencia.