jueves, 21 de mayo de 2015

Ceniza

Sabedes desa canción dos Limones que por excelencia se acaba poñendo en todos os acontencementos importantes? que di -aquí esta mi hogar, donde se acaba el mar?

Pois co paso dos tempo igual que sucede coa ropa, coa tecnoloxia e moitas outras cousas, as cancións, perden o seu sentido. Preguntarédevos a que ven todo isto, pois e simple, que canción poidemos dedicar a unha terra que perdeu todo o seu mar?

Cando eres pequeno todo o que ves o teu arredor simplemente é o que hai en todo o resto do mundo, a cabeza non atende a pensar que podan faltar ou incluso existir máis cousas que as que estamos acostumados. Aínda recordo por primeira vez cando me enterei de que cando aquí era de noite noutros lugares estaban despertando, pois esto, é o mesmo. En que momento a nós, a calqueira galego pásasenos pola cabeza imaxinar un veran sin praias nas que no auga as veces está tan fría que corta, e nas que podemos reflexarnos nunha paleta cromática de infinitos verdes e azuis. Galiza sen area, sen costa é totalmente unha utopía.

O paso do tempo, sempre píllanos a todos, incluso os máis escépticos. Ninguén pode chegar a imaxinarse que o choque dúas pracas tectónicas crearía unha inmesa ola de tamaño desproporcionada e unha inmesurable forza que acabaría destrozando todo o seu paso, pero o máis importante, ese auga nunca regresaría. Nunca oíchedes a vosa avoa: de polvo fumos, e polvo seremos? Nunca encontreille máis sentido ca este, todos comezou nunha nada e rematou no mesmo.

Soamente queda nas areas o recordo, as marcas dos paso do tempo.


domingo, 10 de mayo de 2015

Carta a xeración perdida

Permítanme dicirlles que se a posto fin o bonito dito: -Divina xuventude!
As terras que viron marchar a tantos xoves son tan vellas como as personas que hoxe quedan nela.

50 anos despois de triste amargura (ou inconpetencia) que fixo que todos os nenos da casa, os ollos dereitos de nais, e as mulleriñas feitas e dereitas  tiveran que marchar aló, o lonxe, aqui só quedamos...
Quen pode quedar? Quen si no, que nada máis e nada menos cos avós, os vellos que vos limparon o cú, os ensinaron a non comer a terra, a pelexar facendo avións de pures...

Non entendo moi ben como sempre somos nós os que nos toca a responsabilidade de contar as cousas, al final os que sempre prevalecemos, despois din que o ser máis indestructible son as cucarachas...
Pois, cando chegas a esta idade parece que toda función redúcese a eso non? ensinar, guiar, etc. Entón para que despois non digan que estamos aqui sentados todo o día rumiando sen facer nada vos digo que esta terra, xa non ten nenos que a pisoteen, ninguen corre polas hortas nin se colga das ramas dos limoeiros partíndoas, esta todo tan... impecable, que doe.
Nin se quera temos algo xa do que queixarnos, non temos parellas de namorados nos bancos os que gritarlles, fáltannos fillos e netos os que ver crecer, dicídeme vós, de que sirven os campos infinitos que se rompen en acantilados e as prais de arena tan fina se non tenemos quen se a meta nos ollos, quenes se atrevan a saltar da rocha máis alta, ou a quen empuxar dela.

Consideremos home de funcións e de palabra, se non teño a quen ensinar a caerse a levantarse, pero sobre todo, a votar de menos o que e teu, iso significa que igual ca os que se forón, nós tampoco facemos nada aquí.

Esto é pra ti, e ti e tamén para ti, a vós, divina xuventude, divino tesouro, casa só hai unha, e vótavos de menos.

sábado, 9 de mayo de 2015

D.E.P a nosa virtude do coñecemento

A pesar de que co tempo as cousas cambian sen rumbo e non podemos remedialo, hai algo, en cada un de nós, unha chispa que mínima de esperanza...

O cómputo do tempo igual ca moitas outras cousas cambiou por completo e encontrámonos no Nova Era"", o sistema decidiu eliminar  o uso do que os nosos antepasados coñecían como meses. Nos guiamos por temporadas que controlamos grazas os cambios no tempo, as estacións que seguen sendo a mesmas. Non ten ningun sentido concreto, non necesitamos contar os días nin esperar ningún día especial, soamente somos máquinas cunha única función, cada cousa que facilite o traballo e algo digno de consideración para o sistema.

Todos somos iguales, carecemos de calqueira cousas que nos distinga, pero supongo que isto é o que pasa cando todos impostos a mesma educación. Dende pequenos sistemáticamente cada certo tempo, nos sometemos a unha probas que inxiren no noso interior, e si, nin máis nin menos, é un puñado de persoas e unhas cantas maquinas quenes deciden o meu futuro. Carecemos de autonomia propia, hemos perdido  toda posibilidade de guiarnos pola nosa intuición e o noso corazón. Gustaremía saber que me gusta, que máis posibilidades existen na vida, sabelas todas e nese momento elixir, gustaríame poder complicarme, pero nin sequera nos aportan os coñecementos para ver máis alá do seu.

Esta todo organizado e controlado para que nunca falle nada, para que non surxan erros que desmoronen o plan. Pero, acaso non son os erros algo natural?
Vivimos nun sistema que nos programa coma se fosemos unha peza máis da súa gran maquinaria que é este planeta, o que nin se quera manteñen respeto.
É moi curioso como a nós nos privan de calqueira coñecemento o sentimento que nos faga pensar e preguntarnos algo que non ten porque ser o mesmo que establecen as normas, e digo eu, soamente existe un único sistema, como podo saber eu que é o correcto?. Nós estamos aislados e por desgraza, nos falta algo que prenda a mecha e faga a saltar a chispa coa que encaixarían as cousas, pero eles si poden tener ambicións e o poder de manexarnos, eu non podo controlarme porque esa capacidade está nas súas mans.

Non sei que sentimento teño porque non son capaz de recoñecelo, pero é como se faltase algo, e é raro sabedes? Non tería porque faltarme nada, todos falamos o mesmo idioma e celebramos os mesmos actos que son elexidos polo sistema, e iso, en teoría é bó porque según eles así e máis fácil.
Somos unha gran masa colocada estratéxicamente por distintas zonas onde se nos manda os 16 anos segundo as nosas "cualidades", nunca ninguén intentou queisarxe, e aunque temos como unha ansiedade dentro non sabemos como nin porque ocorre esto.

Estamos supeditados a un traballo imposto que non nos aporta nada na nosa vida e que se dedica a servir os máis poderosos, non temos ningunha forma de distinción que nos represente e diga que nos somos diferentes e que estamos en contra desto, soamente temos algo que non sabemos utilizar, se nos quitan todo sentimento de distininción e nos reunen en clases nas que ano tras ano nos ensinan ser iguais e a pensar coma o resto, que queda de nós?
Cando perdimos a obrigación dunha ensinanza xusta, xusta para nós? En que momento deixamos caer os brazos e chegamos a isto?

domingo, 12 de abril de 2015

De ferrol a terra do algodón

Os anos da guerra civil, non foron fáciles para ninguén, e cando pensas naquelas cousas que pra nos parece que pasaron hace miles de anos, e díficil facerse a idea de que todolos relatos que escoitas que parecenche subrealistas poidan pasarlle a alguén da túa familia. Ben, pois aqui os traigo a miña historia:

Non sei moi en como dale nome nin por onde collela, pra iso e mellor empezar dende o principio:
Neste verán, viñeron dende méxico uns familiares lonxanos por parte do meu avó, non me enterei moito da historia de porque despois de 35 anos sen pisar España, volvían agora. Eran tres irmás dous mulleres e un home. Preguntando de persoa en persoa entereime que a razón principal da súa viaxe era vender varias casas en Málaga onde pasaban os veráns.
Esta historia non trata destes persoaxes se non do seu pai; Alfonso Pazos.
Cando a guerra estalou, Alfonso encontrábase navegando nun barco que oficialmente proclamouse Republicano. Cando desembarcou, non tivo moito tempo para preparar as maletas pois xa estábano a buscar. Tivo que fuxir a Villalba durante un tempo escondido con unha parte da familia, coa esperanza de que as cosas se calmaran. Como ben sabemos todos, isto non ocorreu e tivo que fuxir a Asturias. En ninguno destes dous lugares conseguiu pasar mais ca uns cantos meses. Debido a situación que non paraba de complicarse, deixou a familia e diriu¡xiuse a Casa Blanca (Marruecos) onde se mantivo ata que a guerra ramatou. Polo que me contan, Alfonso nunca perdeu a esperanza de volver a su terra, polo que púxose en contacto coa familia pra o seu regreso.

Esto nunca pasaría, debido o resultado da Guerra, se Alfonso regrasaba, a su vida terminaría tan pronto coma puxése un pé na terra, porlo que esgotando todos os cartos aforrados durante os anos, dirixiuse cara Francia onde traballou nos postos que podía e de onde podía sacar algo de beneficio. 

Pensaredes que esto remata aquí, pois non. Dende Francia colouse como polizón nun barco o cal non sabía o seu destino. O chegar, encontrouse en México e cun problema añadido; antigamente o viaxar en barco o chegar o destino alguén debía esperarche pra firmar por ti. Se ningunha persoa che reclamaba mandabante de volta o país de orixe.
Alfonso decataouse deste e decatouse tamén de que se o retornaban a España, a morte estaba asegurada.
Non sei se por inspiración diviña o porque a sorte e moi puñetera pero en México no porto unha parella de Galegos dedicábase a recoller os gallegos que chegaban a ese porto.

Alfonso pondría entón fin a súa andadura establecéndose na casa destes Galegos, onde viviu un tempo ata que o home reclamoulle a man da súa filla como agradecemento da súa favor. Isto podría ser unaha bonita historia de amor se non fose porque él non quiso e fuxiu da casa.
Encontrou traballo nun rancho da frontero e comezou a gañar diñeiro en cantidade, tanto que construiu o seu propio rancho dedicado a venta a Estados Unidos de algodón. Cobraba en doláres que convertido a moneda de alí aumentaba en gran cantidade. Administrou a súa riqueza de tal forma que mantivo tamén contas en Estados Unidos, de tal forma, que cabe dicir que foi capaz de volver anos despois a súa terra e construir casas en Galicia e Málaga.

Entón que opinades, a historia dun pobre emigrante o a creación dun imperio?

Anacos de historia

Paso a paso


De todas estas historias, seguramente, o que máis me sorprendeu foi o feito bastante irónico de como actualmente a xente prácticamente fuxía de España para conseguir traballo. E como relfexión persoal, teño que decir que comparando os 18 anos do meu avó cos meus, hai unha diferencia abismal no sentido de madurez e responsabilidade, e sobretodo na preparación de sair adiante no mundo.

sábado, 11 de abril de 2015

Cun toque de Hollywood



Pasaime toda a semana buscando historias intereantes, escabrosas, e non vos creades que foi moi fácil, estiven a piques de retirarme e pensar que teñoa a familia máis aburrida do mundo, ata que dinme conta que estaba buscando as cousas dende un punto de vista equivocado: centreime nos meus avos , cando en realidade estes son moito máis xoves do habitual. e non foi ata que me falaron do meu tataravó que encontreu algo digno por finn cando o escoitei pareceume moi subrealista como un tema dunha película de Holllywood.

Provocame unha sensación rara, entre orgullo e podería decirse que adrenalina, saber que alguén da miña familia estivo nunha situación así, e sobretodo da mañera en que reaccionou.
Porque podes esconderche de moitas formas; irte e non volver máis ou máis sinxelo aún, finxir ter uns ideais e ser unha persoa que non eres, persoalmente penso que é algo que nunca faría, polo tanto a decisión que el tomou no seu momento, provocame satisfación e sobre todo tomalo coma un exemplo a seguir incluso agora nestes momentos.


jueves, 19 de febrero de 2015

A galega que elexiu o castelán


Pra que entendades mellor esta indignación, soamente tedes que pararvos a leer as grandes perlas desta muller, que repito, é escritora Galega: 

- No seu libro De mi tierra, a escritora fala dos peligros políticos que pode traer o rexurdir cultural e lingüistico: «...el renacimiento lleva en sí un germen de separatismo, germen poco desarrollado todavía, pero cuya presencia es imposible negar, y que acaso sea el único fruto político y social de este florecimiento poético.»


Pero esto non remata aquí, o máis indignante é sin dúbida o momento en que se lle pasa pola cabeza marcar
unha escala diferencial entre o Galego e o Castelán, e distinguir entre patria e terra. Non é moi sorpredente saber que baixo o xuizo desta muller a nosa patria e a de todos é porsuposto, España. Enserio son a única que lle soa bastante irónico todo? : «...la patria representa una idea más alta aun, y la patria para los españoles todos, donde quiera que hayan nacido, desde la zona tropical hasta el cabo de Finisterre, es España, inviolable en su unidad, santa en sus derechos.»

Nun tempo en que galegos como Curros Enríquez e Pondal comezaban a escribir en galego, Pardo Bazán sempre se decantou polo castelán polo feito de considerar o castelán como unha lingua oficial, prestixiosa e cun público maior.
É mellor ser castelán que catalán, e francés que castelán para isto da publicidade e do nome.
(Oller 1985)
Polo tanto, consideraba o galego como unha lingua popular, estreitamente ligada soamente á terra e ao fogar, deixando a un lado o recoñecemento oficial.
Cun deixe grato e fresquísimo que impensadamente se nos sobe aos beizos cando necesitamos balbucir unha frase amante, arrolar a unha criatura, lanzar un festivo epigrama, exhalar un !ai! de pena... Sempre sentimos a proximidade do dialecto... co seu calor de fogar
(De mi tierra)
Con todo o dereito, referiuse ás obras de escritores galegos contemporáneos do Rexurdimento como é un gran simbolo como Rosalía de Castro, chegando a dicir que "os poetas fan falar aos labregos". A escritora comentou a poesía de Rosalía en Follas Novas dicindo o seguinte:
Cando nos engaiola é ao obxectivar a súa inspiración, ao impregnarse do sentimento do pobo, ao reproducilo cun sen igual donaire, ao aceptar o carácter verdadeiro deste renacemento rexionalista, onde forzosamente domina o elemento idílico e rústico, por virtude da lingua que, dende hai tanto tempo, soamente vive entre silvanos e ninfas agrarias.


Como dixen anteriormente, seguramente non son a persoa máis adecuada para xulgar a ninguén, pero como todo o mundo ten o dereito a palabra, pareceume correcto que todos puideramos coñecer todas a facetas desta señora, non soamente a de brilante escritora, porque unha cousa non quita a otra, claro.
 Simplemente como curiosidade e sorpresa deíxovos estes datos nas vosas mans, e dende este punto, que cada quen pense como lle plazca.

domingo, 1 de febrero de 2015

Pura contradición

Emilia Pardo Bazan, célebre escritora, Coruñesa de nacemento.

Seguramente, e poño a man no lume e non me quemo, se digo que no colexio, no instituto esta é a faceta que todos coñecemos desta escritora, novelista, e porsupusto (como opinión persoal) un burdo intento de periodista e ensaísta.
Como podedes observar, todo o aprecio que os diversos profesores de Galego conseguiron inculcarme hacia esta escritora, foron machacados e tirados a papeleira por decirlo dalgunha forma.

Durante estas semanas, o tema principal na clase foi o Agrarismo, e como curiosidade, se comentou a negativa desta muller ante tal revolución de dereitos básicos (como é pra min o agrarismo) . Non vexo nada tan simple como isto: se ti traballas nalgo, o seu uso, disfrute e porsupusto, beneficios, non teñen que ser pra ninguén máis. Claro que pra min ademáis de que iso é básico, calqueria que o negue e pense o contrario, síntoo pero deberíades de actualizar o voso chip o ese comportamento tan sumamente egoísta.

Como dicía, as ideas claves do agrarismo, non son máis que a loita por uns principios básicos, simplemente a sociedade avanzou, e todos aqueles que quixeron impedir este avance, noon obtiveron nada máis que o que era de esperar; Levantamentos.
Supoño que despois do dito, que a ilustrísima Emilia Pardo Bazan fose unha desas persoas arraigadas o pasado non debe de sorprendervos moito.

Seguramente, eu non son a persoa máis culta do mundo, pero cos case 18 anos que teño, e a vea revolucionaria que se supoñe que nos ten que sair con estas idades, non entra na miña cabeza, que alguén que recibiu unha educación tan esmerada, que viaxou tanto arredor do mundo, lle poda máis o sentimento de avaricia, que o sentimento de compaixón polos seus, non sei moi ben como expresalo. Non estamos a falar de inxustizas que ocorren na outra punta do planeta, non. Estamos a falar seguramente, dos teus veciños, amigos, algún familiar lonxano, que día tras día déixase a espalda nunha terra que non é súa, pola que non gañara nin sequera a carta parte do que se merece. Pra min eso non demostra máis que unha fatal de conciencia.

domingo, 18 de enero de 2015

De Pontevedra o estrelato

Aproveitando as últimas clases, e para romper cos temas habituais, vos propoño a vós, amantes dos comics e dos mangas, 5 min do voso tempo:

Emma Ríos Manero, do 76 de Vila García de Arousa (pontevedra), para esta arquitecta de profesión, tener o seu propio estudo con amigos non lle era suficiente, así que decidiu lanzarse a súa pasión; o comic.

Como todo éxito non é en vano, comezou autoeditando " A prueba de Balas" , seguindo o camiño hacia o estrelato publicou historietas na revista " Dos veces Breve" (actualmente pechada) e na antoloxía " Los reyes Elfos". Pero dende logo. o que foi culminante nesta situación foi a proposta de traballo nos estudios Boom!.



















E digo culminante porque se vos parece poco, apartir desta etapa, temos ante nos a unha das colaboradoras das miles de aventuras dos heroes da nosa infancia: Emma ríos, consegue traballar para Marvel ( facendo incluso colaboracións para amazing-spiderman).









Se fai falta valor para deixar o teu traballo e dedicarse a túa vocación, esta autora merécese todo mi respeto (e o voso espero), de deixar a un lado grandes sumas de diñeiro e prestixo, e abandonar Marvel. Si exactamente, deixar a un lado a gran multinacional, por qué? Ben, eu creo que a respota é tan digna, coherente, incrible, e simple : "Es trabajo de encargo, lo que haces, no te pertenece"- dixo nunha entrevista. Por esta resposta, eu entendo que lle faltaba liberdade para poder crear o seu antoxo, que cansouse de seguir as pautas.

Para min, esta muller ten un dobre mérito, tanto polo seu valor a hora de arresgarse como a ignorancia ante todos as barreiras que lle impedían cumprir o seu sono, e mirade onde está ahora.

lunes, 12 de enero de 2015

Tes un whatsapp

Como se pode falar de arte, e non mencionar a arquitectura? Sobre todo aquí, na nosa cidade, que estivo tan presente e que queda reflexado nas rúas do noso centro.

Para darlle chicha o asunto, vos presento a unha arquitecta dos pés a cabeza que non podería ser outra que: .
Rosa Vilas Romalde
 Fundadora do estudo de arquitectura " Anta "  que encontramos na rúa magdalena o
cal abreu as súas portas no 2004, e... ata agora, con moi bó ritmo.
Pero como todas as cousas, o éxito non se consegue solo, e neste caso non é diferente. 



O outro pilar de este estudo o leva o seu compañeiro Sergio Beceiro Lodeiro.









Entres os seus grandes logros se encontran o CONCURSO para a selección del anteproyecto para la construcción del Cementerio Municipal de Yebes. Guadalajara (2009).
XII PREMIOS COAG de arquitectura categoría de rehabilitación.


Ambolos dous levan o peso de unha empresa que non para de crecer e conseguir obxetivo tras obxetivo. E sobre todo, unha das cousas máis importantes, e por desgraza máis difíciles de conseguir hoxe en día, vivir do que te apasiona.
Na actualidas vivir de calqueira tipo de arte, vivir da cultura, é algo totalmente impensable. Pois vale, eu quero demostrarvos o contrario, deixar de mirar cara a fora!!! Estamos en Galicia si, e sabedes que? Pódese triunfar, sexa da maneira que sexa. Non temos nada que envexar a ninguén, tenemos artistas incribles con persoalidades abrumadoras (neste caso,arquitectos).

Pra rematar, deixovos un par de consellos e curiosidades que me picaron.