Pra que entendades mellor esta indignación, soamente tedes que pararvos a leer as grandes perlas desta muller, que repito, é escritora Galega:
- No seu libro De mi tierra, a escritora fala dos peligros políticos que pode traer o rexurdir cultural e lingüistico: «...el renacimiento lleva en sí un germen de separatismo, germen poco desarrollado todavía, pero cuya presencia es imposible negar, y que acaso sea el único fruto político y social de este florecimiento poético.»
Pero esto non remata aquí, o máis indignante é sin dúbida o momento en que se lle pasa pola cabeza marcar
unha escala diferencial entre o Galego e o Castelán, e distinguir entre patria e terra. Non é moi sorpredente saber que baixo o xuizo desta muller a nosa patria e a de todos é porsuposto, España. Enserio son a única que lle soa bastante irónico todo? : «...la patria representa una idea más alta aun, y la patria para los españoles todos, donde quiera que hayan nacido, desde la zona tropical hasta el cabo de Finisterre, es España, inviolable en su unidad, santa en sus derechos.»
Nun tempo en que galegos como Curros Enríquez e Pondal comezaban a escribir en galego, Pardo Bazán sempre se decantou polo castelán polo feito de considerar o castelán como unha lingua oficial, prestixiosa e cun público maior.
É mellor ser castelán que catalán, e francés que castelán para isto da publicidade e do nome.
(Oller 1985)
Polo tanto, consideraba o galego como unha lingua popular, estreitamente ligada soamente á terra e ao fogar, deixando a un lado o recoñecemento oficial.
Cun deixe grato e fresquísimo que impensadamente se nos sobe aos beizos cando necesitamos balbucir unha frase amante, arrolar a unha criatura, lanzar un festivo epigrama, exhalar un !ai! de pena... Sempre sentimos a proximidade do dialecto... co seu calor de fogar
(De mi tierra)
Con todo o dereito, referiuse ás obras de escritores galegos contemporáneos do Rexurdimento como é un gran simbolo como Rosalía de Castro, chegando a dicir que "os poetas fan falar aos labregos". A escritora comentou a poesía de Rosalía en Follas Novas dicindo o seguinte:
Cando nos engaiola é ao obxectivar a súa inspiración, ao impregnarse do sentimento do pobo, ao reproducilo cun sen igual donaire, ao aceptar o carácter verdadeiro deste renacemento rexionalista, onde forzosamente domina o elemento idílico e rústico, por virtude da lingua que, dende hai tanto tempo, soamente vive entre silvanos e ninfas agrarias.
Como dixen anteriormente, seguramente non son a persoa máis adecuada para xulgar a ninguén, pero como todo o mundo ten o dereito a palabra, pareceume correcto que todos puideramos coñecer todas a facetas desta señora, non soamente a de brilante escritora, porque unha cousa non quita a otra, claro.
Simplemente como curiosidade e sorpresa deíxovos estes datos nas vosas mans, e dende este punto, que cada quen pense como lle plazca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario