domingo, 1 de febrero de 2015

Pura contradición

Emilia Pardo Bazan, célebre escritora, Coruñesa de nacemento.

Seguramente, e poño a man no lume e non me quemo, se digo que no colexio, no instituto esta é a faceta que todos coñecemos desta escritora, novelista, e porsupusto (como opinión persoal) un burdo intento de periodista e ensaísta.
Como podedes observar, todo o aprecio que os diversos profesores de Galego conseguiron inculcarme hacia esta escritora, foron machacados e tirados a papeleira por decirlo dalgunha forma.

Durante estas semanas, o tema principal na clase foi o Agrarismo, e como curiosidade, se comentou a negativa desta muller ante tal revolución de dereitos básicos (como é pra min o agrarismo) . Non vexo nada tan simple como isto: se ti traballas nalgo, o seu uso, disfrute e porsupusto, beneficios, non teñen que ser pra ninguén máis. Claro que pra min ademáis de que iso é básico, calqueria que o negue e pense o contrario, síntoo pero deberíades de actualizar o voso chip o ese comportamento tan sumamente egoísta.

Como dicía, as ideas claves do agrarismo, non son máis que a loita por uns principios básicos, simplemente a sociedade avanzou, e todos aqueles que quixeron impedir este avance, noon obtiveron nada máis que o que era de esperar; Levantamentos.
Supoño que despois do dito, que a ilustrísima Emilia Pardo Bazan fose unha desas persoas arraigadas o pasado non debe de sorprendervos moito.

Seguramente, eu non son a persoa máis culta do mundo, pero cos case 18 anos que teño, e a vea revolucionaria que se supoñe que nos ten que sair con estas idades, non entra na miña cabeza, que alguén que recibiu unha educación tan esmerada, que viaxou tanto arredor do mundo, lle poda máis o sentimento de avaricia, que o sentimento de compaixón polos seus, non sei moi ben como expresalo. Non estamos a falar de inxustizas que ocorren na outra punta do planeta, non. Estamos a falar seguramente, dos teus veciños, amigos, algún familiar lonxano, que día tras día déixase a espalda nunha terra que non é súa, pola que non gañara nin sequera a carta parte do que se merece. Pra min eso non demostra máis que unha fatal de conciencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario