miércoles, 29 de octubre de 2014

A través dos nenos

Para facer esta entrada inspiroume unha idea, e dicir sempre buscamos a opinión e a manera de ver as cousas dos adultos. Pero ninguén ha pensado,en que pensan os nenos? Posto que son o futuro, temos que ter en conta que estes, naceron nun tempo e nunha sociedade máis avanzada e evolucionada ca nosa, e en una situación complicada e diferente a nosa.
Paseime un bo rato falando con estes nenos. Hai que ter en conta que estes, estan entre os 12 e 14 anos. Como podedes observar as súas respotas seguen sendo as mesmas cas nosas a pesar da diferencia da idade. Por qué isto?

Saquei como conclusión, que en todo o que Galiza estase a converter o máis ben, no que a estan convertindo, unha autentica merda, todos estes nenos e as seguintes xeracións que veñan, non coñeceran ningun aspecto da "Galiza bonita", só veran o que quede da corrupción, dos destrozos urbanísticos, da total despoboación,etc. Non haberá nada que lles impida marcharse, porque, quen va a querer quedarse nun sitio así? Co tempo non teremos praias, nin bosques, probablemente ningún mísero recordo do que fomos.
Se agora mesmo a pesar de que aun conservamos algo, nos estan dicindo que querrían vivir nun sitio moito máis grande, con máis xente e fermoso... Qué va a ser dos Galegos? Caeremos no olvido?
Como final vos direi, que o meu pensamento e que nacemos cun tópico imposto sobre Galicia, por que é o único que queda dela, un bo recordo.

jueves, 23 de octubre de 2014

Cidade durmida

Unha tarde de verán de esas que son moi galegas que tes que ir con manga larga, e o vento e a choiva cubríndote a cara, se nos deu a min e máis a miña nai, a dar unha volta polo que queda do centro de ferrol. E digo queda, por que doeme moito ver como as casas se veñen a baixo sen que ninguén se preocupe por elas, como cada dous pasos encontraste un baixo cerrado que se vende, o caes nos buratos da rúa que xa semellan cráteres de meteoritos... Cada paso que das por ferrol e cada rúa que pisas, está mais vacía, xúrovos que ata o aire se respira triste
Sempre me pregunto por que tocoume vivir a min esta etapa na que ferrol húndese na miseria, onde a xente escapa desta cidade, e non esa época da que todos falan e se lles enche a boca, esa época que viviron os meus pais, avós e bisavós. Cando Ferrol tiña vida en cada esquina, cando nen se quera de noite parecía que a cidade podía descansar, por que a mín nesta época?

Neste paseo dimos todo un recorrido o centro, pero sobre todo chamoume moito a atención o Barrio da Magdalena e o de Canido, non sei moi ben por que, sempre os considerara feos, oscuros e tristes, e sobre todo bellos. Pero cando te fixas nas cousas e intentas comprender, todo cambia.
Non chego a comprender como un barrio que se construíu na época de carlos III ( como é o caso do da Magdalena), entre o arsenal e os astilleiros, cuxa función foi aloxar as capas máis importantes da sociedade ferrolana, como oficiales de marina,  técnicos de la construcción naval, profesionales... é dicir no pleno apoxeo de ferrol cando a ría ferrolana  comeza a ser considerarse como un interesante  naval. Como de algo tan grande, queda o que vemos hoxe en día.

Este barrio está cheo de incribles casas, algunas delas, están restauradas( como curiosidade), pero moitas outras, estánse  a caer, totalmente derruidas. E as que están ben cuidadas, están rodeadas por, grandes errores arquitectónicos, que rompen toda a maxia deste barrio, mezcla de estilos, de materiales, etc. O que podemos chamarlle un feísmo en toda regla.
Algo que non sabía é a inmensa cantidade de edificios que foron constuidos polo arquitecto Rodolfo Ucha. Asombroume a cantidade de pequeños detalles dos seus edificios, detalles que son moi elaborados, como se as casas te evocaran a outra época.





E Canido, pois está como moi aló, apartado de todo sabedes? Non poño moito o pé por alí pero sempre deume unha impresión como de cidade abandonada, sempre tan silenciosa e con aspecto antigo, pero non podo negaros que é un sitio máxico para facer fotos





A intención que teño con esta entrada e con estas fotos, e que veades todo este potencial que temos, porque eso é o importante, temos o suficiente pra comenzar, esta ahí o noso arredor, e o estamos deixando perder, por que todo o malo xa o temos, so podemos tirar cara o bo. coma xa dixen antes, esta é a época que me tocou vivir pero non sei, as veces esta cidade semella que esta durmida, e eu me pregunto cando despertaremos.




martes, 7 de octubre de 2014

É nosa a ría?

En 1999 fundouse a empresa de enerxía máis concretamente de Gas natural, que máis cola traería durante moito tempo, Reganosa. Non foi ata maio de 2007 cando a terminal de Mugardos comeza a funcionar.
A idea xurdiu do grupo Tojeiro, o propio promotor da regasificadora, que fixo pública súa interese en construír a planta nas súas instalacións de Forestal do Atlántico, en Mugardos. A súa función principal é o almacenamento e distribución de gas natural licuado. Da súa actividade depende directamente a subministración das centrais eléctricas do ciclo combinado que Endesa e Unión Fenosa teñen nas Pontes de García Rodríguez e Sabón (Arteixo), respectivamente, así como outras industrias vía gasoduto, buques LNG e camións cisterna.

Ben, entonces porqué tanta repercusión nun asunto que visto dende os ollos dos políticos, solo pode traer cousas positivas como postos de traballo, e sobre todo, como non, o buscado diñeiro. A cuestión é simple, coma sempre a sinceridade (un dos moitos puntos débiles do que agora se lle chama política) brila pola súa ausencia. Molestame moito, que as persoas que soamente polo feito de ter máis poder, crean que teñen o dereito de mentir e enganar:
A planta de Reganosa está acelerando a destrucción da ría e contradicea estratexia da recuperación da súa potencialidade con outros usos máis compatibles e sostenibles, como poden ser o turismo o deporte o marisqueo a pesca, etc.

A planta de Reganosa carece da Declaración de Impacto Ambiental, e imposible que cumpla as distancias suficientes as poboacións e lugares de interés natural o público. Incumplindo as distancias mínimas respecto os núcleos de poboación curiosamente postos en marcha no momento que comeza a funcionar.
Incumple a norma que require cos buques gaseros cargados de gas natural líquido poidan, en caso de emerxencia, salir a mar aberto rápidamente.
Como estas, miles de irregularidades que parece que non se deben de ter en conta.

A estas alturas vos preguntaredes, por qué a ría de ferrol? e por qué mugardos? A respota é novamente sinxela: interese.
A orixede da reubicación da planta de gas no interior da ría é producto da complicidade de Tojeiro y do mismísimo Sr. Fraga, que impuxo no seu partido a irrevocable defensa de Reganosa. 
Cando me informei para escribir esta entrada, tiña a esperanza de que álguen con cabeza, álguen dos que están ahí arriba, se houbera posto en contra. Por desgraza foi en vano.
O bipartito que se acavaba de conformar mantivo unha posición continuista a de Fraga. Por parte do PSdeG-PSOE, a súa posición era o traslado de dita planta o Porto Exterior, actitude que foi imitada polo BNG.
SOAMENTE Izquierda Unida mantivo unha posición de apoio a movilización social en contra de Reganosa. 

A tarefa de esta semana, era romper co tópico imposto da nosa Galiza.Como podedes observar, nin tan bónita, nin tanta paisaxe. Vale máis o interese e o diñeiro, que as propias vidas de persoas. Ese é o prezo que nós, hemos pagado, obrigados ou non.


Para rematar en 2007, entra na ría ( na planta de Mugardos) o Galicia Spirit, primeiro gaseiro con 140.000 metros cúbicos de gas.
Organizouse unha multitudinaria protesta tanto en terra como na ría á que se sumaron os mariscadores. Varias persoas foron detidas e a Garda Civil denunciou a varios mariscadores por desobediencia á autoridade. Oito de estes mariscadores foron xulgados en marzo de 2012 e sete de eles foron condenados a penas de entre seis meses e sete meses e medio.