Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de octubre de 2014

Cidade durmida

Unha tarde de verán de esas que son moi galegas que tes que ir con manga larga, e o vento e a choiva cubríndote a cara, se nos deu a min e máis a miña nai, a dar unha volta polo que queda do centro de ferrol. E digo queda, por que doeme moito ver como as casas se veñen a baixo sen que ninguén se preocupe por elas, como cada dous pasos encontraste un baixo cerrado que se vende, o caes nos buratos da rúa que xa semellan cráteres de meteoritos... Cada paso que das por ferrol e cada rúa que pisas, está mais vacía, xúrovos que ata o aire se respira triste
Sempre me pregunto por que tocoume vivir a min esta etapa na que ferrol húndese na miseria, onde a xente escapa desta cidade, e non esa época da que todos falan e se lles enche a boca, esa época que viviron os meus pais, avós e bisavós. Cando Ferrol tiña vida en cada esquina, cando nen se quera de noite parecía que a cidade podía descansar, por que a mín nesta época?

Neste paseo dimos todo un recorrido o centro, pero sobre todo chamoume moito a atención o Barrio da Magdalena e o de Canido, non sei moi ben por que, sempre os considerara feos, oscuros e tristes, e sobre todo bellos. Pero cando te fixas nas cousas e intentas comprender, todo cambia.
Non chego a comprender como un barrio que se construíu na época de carlos III ( como é o caso do da Magdalena), entre o arsenal e os astilleiros, cuxa función foi aloxar as capas máis importantes da sociedade ferrolana, como oficiales de marina,  técnicos de la construcción naval, profesionales... é dicir no pleno apoxeo de ferrol cando a ría ferrolana  comeza a ser considerarse como un interesante  naval. Como de algo tan grande, queda o que vemos hoxe en día.

Este barrio está cheo de incribles casas, algunas delas, están restauradas( como curiosidade), pero moitas outras, estánse  a caer, totalmente derruidas. E as que están ben cuidadas, están rodeadas por, grandes errores arquitectónicos, que rompen toda a maxia deste barrio, mezcla de estilos, de materiales, etc. O que podemos chamarlle un feísmo en toda regla.
Algo que non sabía é a inmensa cantidade de edificios que foron constuidos polo arquitecto Rodolfo Ucha. Asombroume a cantidade de pequeños detalles dos seus edificios, detalles que son moi elaborados, como se as casas te evocaran a outra época.





E Canido, pois está como moi aló, apartado de todo sabedes? Non poño moito o pé por alí pero sempre deume unha impresión como de cidade abandonada, sempre tan silenciosa e con aspecto antigo, pero non podo negaros que é un sitio máxico para facer fotos





A intención que teño con esta entrada e con estas fotos, e que veades todo este potencial que temos, porque eso é o importante, temos o suficiente pra comenzar, esta ahí o noso arredor, e o estamos deixando perder, por que todo o malo xa o temos, so podemos tirar cara o bo. coma xa dixen antes, esta é a época que me tocou vivir pero non sei, as veces esta cidade semella que esta durmida, e eu me pregunto cando despertaremos.