Sempre me pregunto por que tocoume vivir a min esta etapa na que ferrol húndese na miseria, onde a xente escapa desta cidade, e non esa época da que todos falan e se lles enche a boca, esa época que viviron os meus pais, avós e bisavós. Cando Ferrol tiña vida en cada esquina, cando nen se quera de noite parecía que a cidade podía descansar, por que a mín nesta época?
Neste paseo dimos todo un recorrido o centro, pero sobre todo chamoume moito a atención o Barrio da Magdalena e o de Canido, non sei moi ben por que, sempre os considerara feos, oscuros e tristes, e sobre todo bellos. Pero cando te fixas nas cousas e intentas comprender, todo cambia.
Non chego a comprender como un barrio que se construíu na época de carlos III ( como é o caso do da Magdalena), entre o arsenal e os astilleiros, cuxa función foi aloxar as capas máis importantes da sociedade ferrolana, como oficiales de marina, técnicos de la construcción naval, profesionales... é dicir no pleno apoxeo de ferrol cando a ría ferrolana comeza a ser considerarse como un interesante naval. Como de algo tan grande, queda o que vemos hoxe en día.
Este barrio está cheo de incribles casas, algunas delas, están restauradas( como curiosidade), pero moitas outras, estánse a caer, totalmente derruidas. E as que están ben cuidadas, están rodeadas por, grandes errores arquitectónicos, que rompen toda a maxia deste barrio, mezcla de estilos, de materiales, etc. O que podemos chamarlle un feísmo en toda regla.
Algo que non sabía é a inmensa cantidade de edificios que foron constuidos polo arquitecto Rodolfo Ucha. Asombroume a cantidade de pequeños detalles dos seus edificios, detalles que son moi elaborados, como se as casas te evocaran a outra época.
A intención que teño con esta entrada e con estas fotos, e que veades todo este potencial que temos, porque eso é o importante, temos o suficiente pra comenzar, esta ahí o noso arredor, e o estamos deixando perder, por que todo o malo xa o temos, so podemos tirar cara o bo. coma xa dixen antes, esta é a época que me tocou vivir pero non sei, as veces esta cidade semella que esta durmida, e eu me pregunto cando despertaremos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario