jueves, 21 de mayo de 2015

Ceniza

Sabedes desa canción dos Limones que por excelencia se acaba poñendo en todos os acontencementos importantes? que di -aquí esta mi hogar, donde se acaba el mar?

Pois co paso dos tempo igual que sucede coa ropa, coa tecnoloxia e moitas outras cousas, as cancións, perden o seu sentido. Preguntarédevos a que ven todo isto, pois e simple, que canción poidemos dedicar a unha terra que perdeu todo o seu mar?

Cando eres pequeno todo o que ves o teu arredor simplemente é o que hai en todo o resto do mundo, a cabeza non atende a pensar que podan faltar ou incluso existir máis cousas que as que estamos acostumados. Aínda recordo por primeira vez cando me enterei de que cando aquí era de noite noutros lugares estaban despertando, pois esto, é o mesmo. En que momento a nós, a calqueira galego pásasenos pola cabeza imaxinar un veran sin praias nas que no auga as veces está tan fría que corta, e nas que podemos reflexarnos nunha paleta cromática de infinitos verdes e azuis. Galiza sen area, sen costa é totalmente unha utopía.

O paso do tempo, sempre píllanos a todos, incluso os máis escépticos. Ninguén pode chegar a imaxinarse que o choque dúas pracas tectónicas crearía unha inmesa ola de tamaño desproporcionada e unha inmesurable forza que acabaría destrozando todo o seu paso, pero o máis importante, ese auga nunca regresaría. Nunca oíchedes a vosa avoa: de polvo fumos, e polvo seremos? Nunca encontreille máis sentido ca este, todos comezou nunha nada e rematou no mesmo.

Soamente queda nas areas o recordo, as marcas dos paso do tempo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario