domingo, 10 de mayo de 2015

Carta a xeración perdida

Permítanme dicirlles que se a posto fin o bonito dito: -Divina xuventude!
As terras que viron marchar a tantos xoves son tan vellas como as personas que hoxe quedan nela.

50 anos despois de triste amargura (ou inconpetencia) que fixo que todos os nenos da casa, os ollos dereitos de nais, e as mulleriñas feitas e dereitas  tiveran que marchar aló, o lonxe, aqui só quedamos...
Quen pode quedar? Quen si no, que nada máis e nada menos cos avós, os vellos que vos limparon o cú, os ensinaron a non comer a terra, a pelexar facendo avións de pures...

Non entendo moi ben como sempre somos nós os que nos toca a responsabilidade de contar as cousas, al final os que sempre prevalecemos, despois din que o ser máis indestructible son as cucarachas...
Pois, cando chegas a esta idade parece que toda función redúcese a eso non? ensinar, guiar, etc. Entón para que despois non digan que estamos aqui sentados todo o día rumiando sen facer nada vos digo que esta terra, xa non ten nenos que a pisoteen, ninguen corre polas hortas nin se colga das ramas dos limoeiros partíndoas, esta todo tan... impecable, que doe.
Nin se quera temos algo xa do que queixarnos, non temos parellas de namorados nos bancos os que gritarlles, fáltannos fillos e netos os que ver crecer, dicídeme vós, de que sirven os campos infinitos que se rompen en acantilados e as prais de arena tan fina se non tenemos quen se a meta nos ollos, quenes se atrevan a saltar da rocha máis alta, ou a quen empuxar dela.

Consideremos home de funcións e de palabra, se non teño a quen ensinar a caerse a levantarse, pero sobre todo, a votar de menos o que e teu, iso significa que igual ca os que se forón, nós tampoco facemos nada aquí.

Esto é pra ti, e ti e tamén para ti, a vós, divina xuventude, divino tesouro, casa só hai unha, e vótavos de menos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario