Da man de "Vento e Chuvia" de Gabriel Gago, propúxenme coñecer o principio do que somos. Entendín hata que punto están tan mal as cousas, que sabemos más do exterior, ca da nosa propia cultura. Como podemos salir a rúa, a vida, presumindo de todo o que sabemos, sin coñecer nin sequera o noso?
Dende pequena tiven a sorte de ter moita influencia cultural en casa, e adquirir paixón dos meus pais pola lectura, en especial, de temas como son a historia, guerras, e o tema pertinente aquí, a mitoloxía:
Como non podería ser doutra manera, todos os deuses están relacionados cos elementos da natureza, sobre todo, coas estacións do ano ( a lenda de Berobreos, o señor das augas) e cos homes, co pobo. Algo que me sorprendeu, xa que, co coñecemento que tiña da mitoloxía, tanto Grega como Romana, nestas os deuses poucas veces manteñen relación cos humanos ( un bo exemplo, sería a lenda do deus bandua, o amigo dos homes)... Neste libro, temos mitos para aburrir, a gusto de todo o mundo, pero aquí deixovos a miña preferencia, xa sabedes, destes libros que agarras, e cando lees a primeira frase, sabes que te vai a enganchar:
O mito de Nauia
No monte de Irima, contan que naceu Nauia, concebida en Outono, cando Lugoeu saíu de caza cos seus irmáns e socios a os bosques. Cando este ficou durmido cun ollo aberto e outro pechado, observou a unha cerva branca, o animal máis fermoso que nunca vira. A perseguiu durante horas, ata que chegaron a ribera dun gran lago, e a cerva, farta de correr encaroúselle. O final, rendidos polo cansanzo, caeron os dous ó chan. Para a sorpresa de Lugoeu, a cerva mudou nunha moza, a máis fermosa que nunca vira. Se ben toda ela, era unha muller, na súa fronte, mantiña as súas hastas de cerva. Neste momento a muller-cerva considerouno digno e levouno a unha cova do lago, onde se amaron durante moito tempo. A muller cerva chamabase Elaídna, e proviña dun lugar moito máis ala do que os propios deuses coñecen. Lugoeu tivo e medo de non volver nunca onda os seus, de que aquela moza tan bela e poderosa o arrastráse o "Nunca máis", polo que cando decidiu despedirse, decatouse de que ela, xa non estaba.
Seis meses despois, tres vellas sabias, pasaron polo Pedregal de Irima (tamén chamado a Lingua de Tanu) e oíron o pasar polo regato, o choro dun neno. Envolta en fieitos, unha nena acababa de nacer. Ao recollela, escoitaron o urro dun cervo aló o lonxe.
Levárona canda elas ao bosque de lugoeu, e cando chegaron, pediron acubillo na súa fortaleza. O chegar, ensináronle a neniña. Lugoeu fascinado, observeu quea nena tiña dos cornas cabo da fronte, e volteándoa viu que nas costas tiña a forma dun salmón pintado coma él, esa, era a súa filla.A meniña, recibiu o nome de Nauia ´o río que corre´, porque naceu e foi enxendrada o cabo da auga.
Esta foi medrando en Caenabriga, por cada ciencia que lle ensinaba o seu pai, ela aparecía sabendo outra máis, descoñecida para o seu pai. Así es como Lugoseu decatouso de que a súa nai a visitaba. Unha noite convertiuse en sombra e agardou, ata que Elaídna apareceu.
Ela ensináballe as ciencias dos soños, mentres que o seu pai lle ensinaba as do mundo.
Un día, Elaídna ensinoulle a Nauia un gran segredo.Marcharon ao pozo máis profundo do Minion, que eran as portas ó outromundo. Ela ensinoullelas a abrir e chegar desta banda a outra, e polo camiño, collía da man os afogados atrapados e perdidos polo pélago, facendoos entrar noutromundo.
Con 16 anos, marchou de Caenabriga, e Lugoeu e Reue construíronlle unha barca de pedra, que emprega para navegar entre os ríos e os mares deste mundo ao outro. Un día visitou a súa curmá Aliaca, que lle ensinou "O paso do Boi" : disque que un barco de valentes foi o que deixou o boi nesa illa, pero non hai quen se atreva a traelo. Todas as noites, o boi urraba de desesperación entre aqueles tremores do mar e os habitantes de Brandalarda sufrían de medo e angustia.
Nauia pediu a corda máis grande que se puidese atopar, e colleuna e a guindou cun arco e unha frecha cara a outra illa. Cruzouna bailando e colleu o boi dun corno e obrigouno a seguila de volta.
-Dende ese momento, Nauia cabalgou, cando precisaba andar, a lombos do "Bo albo", e en Brandala, esculpiron unha barca de pedra na súa honra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario