domingo, 12 de abril de 2015

Anacos de historia

Paso a paso


De todas estas historias, seguramente, o que máis me sorprendeu foi o feito bastante irónico de como actualmente a xente prácticamente fuxía de España para conseguir traballo. E como relfexión persoal, teño que decir que comparando os 18 anos do meu avó cos meus, hai unha diferencia abismal no sentido de madurez e responsabilidade, e sobretodo na preparación de sair adiante no mundo.

sábado, 11 de abril de 2015

Cun toque de Hollywood



Pasaime toda a semana buscando historias intereantes, escabrosas, e non vos creades que foi moi fácil, estiven a piques de retirarme e pensar que teñoa a familia máis aburrida do mundo, ata que dinme conta que estaba buscando as cousas dende un punto de vista equivocado: centreime nos meus avos , cando en realidade estes son moito máis xoves do habitual. e non foi ata que me falaron do meu tataravó que encontreu algo digno por finn cando o escoitei pareceume moi subrealista como un tema dunha película de Holllywood.

Provocame unha sensación rara, entre orgullo e podería decirse que adrenalina, saber que alguén da miña familia estivo nunha situación así, e sobretodo da mañera en que reaccionou.
Porque podes esconderche de moitas formas; irte e non volver máis ou máis sinxelo aún, finxir ter uns ideais e ser unha persoa que non eres, persoalmente penso que é algo que nunca faría, polo tanto a decisión que el tomou no seu momento, provocame satisfación e sobre todo tomalo coma un exemplo a seguir incluso agora nestes momentos.


jueves, 19 de febrero de 2015

A galega que elexiu o castelán


Pra que entendades mellor esta indignación, soamente tedes que pararvos a leer as grandes perlas desta muller, que repito, é escritora Galega: 

- No seu libro De mi tierra, a escritora fala dos peligros políticos que pode traer o rexurdir cultural e lingüistico: «...el renacimiento lleva en sí un germen de separatismo, germen poco desarrollado todavía, pero cuya presencia es imposible negar, y que acaso sea el único fruto político y social de este florecimiento poético.»


Pero esto non remata aquí, o máis indignante é sin dúbida o momento en que se lle pasa pola cabeza marcar
unha escala diferencial entre o Galego e o Castelán, e distinguir entre patria e terra. Non é moi sorpredente saber que baixo o xuizo desta muller a nosa patria e a de todos é porsuposto, España. Enserio son a única que lle soa bastante irónico todo? : «...la patria representa una idea más alta aun, y la patria para los españoles todos, donde quiera que hayan nacido, desde la zona tropical hasta el cabo de Finisterre, es España, inviolable en su unidad, santa en sus derechos.»

Nun tempo en que galegos como Curros Enríquez e Pondal comezaban a escribir en galego, Pardo Bazán sempre se decantou polo castelán polo feito de considerar o castelán como unha lingua oficial, prestixiosa e cun público maior.
É mellor ser castelán que catalán, e francés que castelán para isto da publicidade e do nome.
(Oller 1985)
Polo tanto, consideraba o galego como unha lingua popular, estreitamente ligada soamente á terra e ao fogar, deixando a un lado o recoñecemento oficial.
Cun deixe grato e fresquísimo que impensadamente se nos sobe aos beizos cando necesitamos balbucir unha frase amante, arrolar a unha criatura, lanzar un festivo epigrama, exhalar un !ai! de pena... Sempre sentimos a proximidade do dialecto... co seu calor de fogar
(De mi tierra)
Con todo o dereito, referiuse ás obras de escritores galegos contemporáneos do Rexurdimento como é un gran simbolo como Rosalía de Castro, chegando a dicir que "os poetas fan falar aos labregos". A escritora comentou a poesía de Rosalía en Follas Novas dicindo o seguinte:
Cando nos engaiola é ao obxectivar a súa inspiración, ao impregnarse do sentimento do pobo, ao reproducilo cun sen igual donaire, ao aceptar o carácter verdadeiro deste renacemento rexionalista, onde forzosamente domina o elemento idílico e rústico, por virtude da lingua que, dende hai tanto tempo, soamente vive entre silvanos e ninfas agrarias.


Como dixen anteriormente, seguramente non son a persoa máis adecuada para xulgar a ninguén, pero como todo o mundo ten o dereito a palabra, pareceume correcto que todos puideramos coñecer todas a facetas desta señora, non soamente a de brilante escritora, porque unha cousa non quita a otra, claro.
 Simplemente como curiosidade e sorpresa deíxovos estes datos nas vosas mans, e dende este punto, que cada quen pense como lle plazca.

domingo, 1 de febrero de 2015

Pura contradición

Emilia Pardo Bazan, célebre escritora, Coruñesa de nacemento.

Seguramente, e poño a man no lume e non me quemo, se digo que no colexio, no instituto esta é a faceta que todos coñecemos desta escritora, novelista, e porsupusto (como opinión persoal) un burdo intento de periodista e ensaísta.
Como podedes observar, todo o aprecio que os diversos profesores de Galego conseguiron inculcarme hacia esta escritora, foron machacados e tirados a papeleira por decirlo dalgunha forma.

Durante estas semanas, o tema principal na clase foi o Agrarismo, e como curiosidade, se comentou a negativa desta muller ante tal revolución de dereitos básicos (como é pra min o agrarismo) . Non vexo nada tan simple como isto: se ti traballas nalgo, o seu uso, disfrute e porsupusto, beneficios, non teñen que ser pra ninguén máis. Claro que pra min ademáis de que iso é básico, calqueria que o negue e pense o contrario, síntoo pero deberíades de actualizar o voso chip o ese comportamento tan sumamente egoísta.

Como dicía, as ideas claves do agrarismo, non son máis que a loita por uns principios básicos, simplemente a sociedade avanzou, e todos aqueles que quixeron impedir este avance, noon obtiveron nada máis que o que era de esperar; Levantamentos.
Supoño que despois do dito, que a ilustrísima Emilia Pardo Bazan fose unha desas persoas arraigadas o pasado non debe de sorprendervos moito.

Seguramente, eu non son a persoa máis culta do mundo, pero cos case 18 anos que teño, e a vea revolucionaria que se supoñe que nos ten que sair con estas idades, non entra na miña cabeza, que alguén que recibiu unha educación tan esmerada, que viaxou tanto arredor do mundo, lle poda máis o sentimento de avaricia, que o sentimento de compaixón polos seus, non sei moi ben como expresalo. Non estamos a falar de inxustizas que ocorren na outra punta do planeta, non. Estamos a falar seguramente, dos teus veciños, amigos, algún familiar lonxano, que día tras día déixase a espalda nunha terra que non é súa, pola que non gañara nin sequera a carta parte do que se merece. Pra min eso non demostra máis que unha fatal de conciencia.

domingo, 18 de enero de 2015

De Pontevedra o estrelato

Aproveitando as últimas clases, e para romper cos temas habituais, vos propoño a vós, amantes dos comics e dos mangas, 5 min do voso tempo:

Emma Ríos Manero, do 76 de Vila García de Arousa (pontevedra), para esta arquitecta de profesión, tener o seu propio estudo con amigos non lle era suficiente, así que decidiu lanzarse a súa pasión; o comic.

Como todo éxito non é en vano, comezou autoeditando " A prueba de Balas" , seguindo o camiño hacia o estrelato publicou historietas na revista " Dos veces Breve" (actualmente pechada) e na antoloxía " Los reyes Elfos". Pero dende logo. o que foi culminante nesta situación foi a proposta de traballo nos estudios Boom!.



















E digo culminante porque se vos parece poco, apartir desta etapa, temos ante nos a unha das colaboradoras das miles de aventuras dos heroes da nosa infancia: Emma ríos, consegue traballar para Marvel ( facendo incluso colaboracións para amazing-spiderman).









Se fai falta valor para deixar o teu traballo e dedicarse a túa vocación, esta autora merécese todo mi respeto (e o voso espero), de deixar a un lado grandes sumas de diñeiro e prestixo, e abandonar Marvel. Si exactamente, deixar a un lado a gran multinacional, por qué? Ben, eu creo que a respota é tan digna, coherente, incrible, e simple : "Es trabajo de encargo, lo que haces, no te pertenece"- dixo nunha entrevista. Por esta resposta, eu entendo que lle faltaba liberdade para poder crear o seu antoxo, que cansouse de seguir as pautas.

Para min, esta muller ten un dobre mérito, tanto polo seu valor a hora de arresgarse como a ignorancia ante todos as barreiras que lle impedían cumprir o seu sono, e mirade onde está ahora.

lunes, 12 de enero de 2015

Tes un whatsapp

Como se pode falar de arte, e non mencionar a arquitectura? Sobre todo aquí, na nosa cidade, que estivo tan presente e que queda reflexado nas rúas do noso centro.

Para darlle chicha o asunto, vos presento a unha arquitecta dos pés a cabeza que non podería ser outra que: .
Rosa Vilas Romalde
 Fundadora do estudo de arquitectura " Anta "  que encontramos na rúa magdalena o
cal abreu as súas portas no 2004, e... ata agora, con moi bó ritmo.
Pero como todas as cousas, o éxito non se consegue solo, e neste caso non é diferente. 



O outro pilar de este estudo o leva o seu compañeiro Sergio Beceiro Lodeiro.









Entres os seus grandes logros se encontran o CONCURSO para a selección del anteproyecto para la construcción del Cementerio Municipal de Yebes. Guadalajara (2009).
XII PREMIOS COAG de arquitectura categoría de rehabilitación.


Ambolos dous levan o peso de unha empresa que non para de crecer e conseguir obxetivo tras obxetivo. E sobre todo, unha das cousas máis importantes, e por desgraza máis difíciles de conseguir hoxe en día, vivir do que te apasiona.
Na actualidas vivir de calqueira tipo de arte, vivir da cultura, é algo totalmente impensable. Pois vale, eu quero demostrarvos o contrario, deixar de mirar cara a fora!!! Estamos en Galicia si, e sabedes que? Pódese triunfar, sexa da maneira que sexa. Non temos nada que envexar a ninguén, tenemos artistas incribles con persoalidades abrumadoras (neste caso,arquitectos).

Pra rematar, deixovos un par de consellos e curiosidades que me picaron.