Fálovos precisamente de comida, e algas, e si si, algas mariñas. E como non, falando disto, hai que nomear a Clemente y Fermín Fernández Sáa, que recibiron no 2009 o “Premio Emprendedores BIODIVERSIDAD”, de mans do Ministerio de Medio Ambiente, Rural y Marino. Son os pioneiros en Galicia, e España, en conseguir sacar a diante unha empresa dedicada soamente a recollida, seca e distribución destas. Dita empresa e coñecida como algamar, e a idea desta surxiu como unha solución a crisis, e observando que as 5 e 6 especies típicas máis abundantes en galicia eran valoradas internacionalmente, tiráronse a piscina e de que forma. Con moito empeño ocuparon as terras que xa posuían en Redondela solucionaron os problemas que tiñan, xa que debido a nosa típica húmidade ás algas, polas noites, se rehidrataban, polo que tiveron que inventar unha caldera con ventiladores, e comenzaron a falar de agricultura ecolóxica en Galicia, cando ninguén a falaba todavía.
Así que xa sabedes, algo tan simple como é a comida, e sobre todo as algas que encontramos na praia a levado a que o nome de cultura gastronómica galega soe por todo o mundo. Non utilizaron cantidades astronómicas de diñeiro, nin tiveron que salir do seu propio pobo, soamente co que é propiamente noso, e con as ganas que hai que poñer pra conseguir todo o que nos propoñemos, un grupo de persoas, como poderían ser os nosos veciños, chegaron o máis alto.
Polo tanto, convídovos tanto a probar este manxar como a seguir este exemplo e sair sempre adiante co que é noso, o fin de acabo, aqui é donde nacimos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario