A pobreza, desola o pobo. Non hay alimentos, e se houbera, tampoco teríamos recursos pra compralos. Non cómpre moito dicir en que ano estamos, pode ser nun futuro moi lonxano, o non tanto. A crisis interminable parece non atopar fin, algo parecido o que ocorre coas guerras, penso que vin tantas, que xa no sei polo que loitan o deixan de loitar, pode que o ser pequeno non me entere moito destas cousas vaia, pero é sempre o que di o meu pai:-pra tanta tontería, mellor mortos todos. Miña nai cala e mira, cos ollos hundidos en oxeiras, normalmente replicaría pero quizá, perdeu a esperanza coma todos, e segue a remendar os remendos da poca roupa que temos pra aguantar o frío.
A situación é insufrible, non sei se teremos que esperar un golpe de sorte o ir a buscala. Os vellos da aldeanmurmuran moitas cousas ultimamente, que se hai que encomendarse a deus, que se teñen que decidir os ánxeles. Nunca me considerei crente destas cousas, me parecen unha sarta de parvadas sen sentido. Cada un elixe o seu camiño, e decide, as cousas non van sair mellos encomendandóas a non sei que personaxe do ceo.
Uns días atrás,mentres axudaba o meu pai a tapiar con tablas de madera unha ventana para que non entrara a xeada, algo chamoume a atención, mina de oro. Aquilino Gonzalez era un vello bastante soñador que levaba toda a súa vida contando historias, é ninguén sabía xa cales eran verdade e cales non.Pero non sei porque ese día púxenlle toda a atención posible- Aquí, no pobo de covas, si no século pasado, houbo unha gran Mina de ouro, creada por unhos Franceses, A mina de Couvre du Ferrol-Francesa, alí traballaba meu avó alí facendo funcionar a caldeira, dicía orgulloso mentres ría a carcalladas. Do que non se decatou é de que mentras el ría a carcalladas, pra min estaba dicindo o premio a todo esto, a solución. o poder. O que conseguín entender é que esta foi pechada co inicio da I Guerra Mundial, aunque moitos outros din que non era rentable. Un dos vellos deses que parece que teñen a gorxa pútrida, riu con Aquilino mentres dicía:-Pero ti pensas, que os romanos pensaban deixar algo?. Entre o lume que desprendían as brasas que lles quentaban as manos e o sin fin de anécdotas, non pensei con moita claridade hasta que cheguei a casa.
E por iso, escribo isto, diríxome só a covas, non quixen contalo a ninguén, se realmente hai algo nela, o descubrimento será mío, porque con todo o ouro que pode haber alí, quen terá o poder para mandar e para todo isto sere eu, os fillos volverán a casa por que xa no haberá guerra, podremos comprar toda a comida que hace falta, incluso crear traballo para todos os que o precisen, gañaremos,todo volverá a normalidade, podremos pagar esa gran deuda,como din meu pai: - quen tivera todo o ouro do mundo.
Por desgraza non coñezo demasiado ben covas, teño recordos vagos das súas prais en días de verán cando viña cos meus pais, en tempos mellores claro, aunque polo que puiden ver, poco queda deses recordos, está todo destrozado, pero como en todas partes claro.
Onte pola noite, conseguín sacarlle a Aquilino máis información, deume bastante pena por que só parece querer que alguén lle escoite. Cando volva co tesoro, lle darei un papel moito máis importante a persoas así na sociedade.
Por fin despóis de moitas voltas conseguín encontrar a posible entrada a mina, so puiden adentrarme un pouco, todo está muy deteriorado, a veces me entra o medo, pero o medo es algo opcional e podo controlalo, se que me quedo aquí, com tantos outros nunca sabrei a verdade nin sabrei se me perdo algo ou non. Sinto que agora mesmo teño moito poder nas miñas mans. Supongo que me sinto, como se sentiu Don Eliseo cando viño dende África ata aqui, para descubrir esta miña.
No quero entreterme máis, con sorte cando volva a escribir, serán boas noticias.
Esta carta foi encontrada na bolsa que levaba Eloi consigo. Un neno de 12 anos que tivo a imaxinación igual de grande có corazón, que en tempos desesperados tomou as medidas desesperadas.
Foi encontrado inconsciente dos días despois de dita carta, dentro efectivamente da citada Mina de couvre. Con todo o seu empeño consiguió chegar alí para a procura dun ben mellor para todos, nun acto de extrema bondade que por desgraza, escasea moito. Non con seguiu chegar moito máis lexos do que sabedes pola carta, o máis probable e que pisara un solo falso o que ocorrera un desprendimento, polo mal estado de esta.
Con todo isto a día de hoy, a mina segue sen ser estudiada en profundidade, por medo a estas causas. Quen sabe se realmente estamos a perdernos un tesoro de verdade, e a osadía de Eloi non é máis cun camiño a seguir.
Ben Ruth.. Vas por bó camiño. Para mais información, eu publicara esta entrada sobre: Don Eliseo: http://www.falamedesansadurnino.org/imaxe/ellis-henry-thomas-o-ingles-e-a-mineiria-en-san-sadurnino/
ResponderEliminar