martes, 7 de octubre de 2014

É nosa a ría?

En 1999 fundouse a empresa de enerxía máis concretamente de Gas natural, que máis cola traería durante moito tempo, Reganosa. Non foi ata maio de 2007 cando a terminal de Mugardos comeza a funcionar.
A idea xurdiu do grupo Tojeiro, o propio promotor da regasificadora, que fixo pública súa interese en construír a planta nas súas instalacións de Forestal do Atlántico, en Mugardos. A súa función principal é o almacenamento e distribución de gas natural licuado. Da súa actividade depende directamente a subministración das centrais eléctricas do ciclo combinado que Endesa e Unión Fenosa teñen nas Pontes de García Rodríguez e Sabón (Arteixo), respectivamente, así como outras industrias vía gasoduto, buques LNG e camións cisterna.

Ben, entonces porqué tanta repercusión nun asunto que visto dende os ollos dos políticos, solo pode traer cousas positivas como postos de traballo, e sobre todo, como non, o buscado diñeiro. A cuestión é simple, coma sempre a sinceridade (un dos moitos puntos débiles do que agora se lle chama política) brila pola súa ausencia. Molestame moito, que as persoas que soamente polo feito de ter máis poder, crean que teñen o dereito de mentir e enganar:
A planta de Reganosa está acelerando a destrucción da ría e contradicea estratexia da recuperación da súa potencialidade con outros usos máis compatibles e sostenibles, como poden ser o turismo o deporte o marisqueo a pesca, etc.

A planta de Reganosa carece da Declaración de Impacto Ambiental, e imposible que cumpla as distancias suficientes as poboacións e lugares de interés natural o público. Incumplindo as distancias mínimas respecto os núcleos de poboación curiosamente postos en marcha no momento que comeza a funcionar.
Incumple a norma que require cos buques gaseros cargados de gas natural líquido poidan, en caso de emerxencia, salir a mar aberto rápidamente.
Como estas, miles de irregularidades que parece que non se deben de ter en conta.

A estas alturas vos preguntaredes, por qué a ría de ferrol? e por qué mugardos? A respota é novamente sinxela: interese.
A orixede da reubicación da planta de gas no interior da ría é producto da complicidade de Tojeiro y do mismísimo Sr. Fraga, que impuxo no seu partido a irrevocable defensa de Reganosa. 
Cando me informei para escribir esta entrada, tiña a esperanza de que álguen con cabeza, álguen dos que están ahí arriba, se houbera posto en contra. Por desgraza foi en vano.
O bipartito que se acavaba de conformar mantivo unha posición continuista a de Fraga. Por parte do PSdeG-PSOE, a súa posición era o traslado de dita planta o Porto Exterior, actitude que foi imitada polo BNG.
SOAMENTE Izquierda Unida mantivo unha posición de apoio a movilización social en contra de Reganosa. 

A tarefa de esta semana, era romper co tópico imposto da nosa Galiza.Como podedes observar, nin tan bónita, nin tanta paisaxe. Vale máis o interese e o diñeiro, que as propias vidas de persoas. Ese é o prezo que nós, hemos pagado, obrigados ou non.


Para rematar en 2007, entra na ría ( na planta de Mugardos) o Galicia Spirit, primeiro gaseiro con 140.000 metros cúbicos de gas.
Organizouse unha multitudinaria protesta tanto en terra como na ría á que se sumaron os mariscadores. Varias persoas foron detidas e a Garda Civil denunciou a varios mariscadores por desobediencia á autoridade. Oito de estes mariscadores foron xulgados en marzo de 2012 e sete de eles foron condenados a penas de entre seis meses e sete meses e medio.



No hay comentarios:

Publicar un comentario